San Xoán de Lousame é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.023 habitantes (508 homes e 515 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación.

Xeografía Limita ao norte con Lesende (separados polo río Vilacova), ao noroeste con Noia, ao sur con Boiro, ao sueste con Fruíme, ao oeste con Tállara, e ao leste con Vilacova.

Ten un relevo variado, con altitudes máximas de entre 300 e 350 m nas beiras do monte comunal de Aldeagrande e no de Seoane. Ocupa boa parte do val do río Pesqueira, formado polo rego do Espiño ou da Mina (que nace en Froxán) e o de Chave.

Na aldea de Portobravo está a casa consistorial, o centro médico e a casa da cultura. Na Silva está o CPI Diego Antonio Cernadas de Castro, o polideportivo Pilar Barreiro Senra e a piscina municipal. A igrexa municipal está en Seoane.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lousame

Parroquias de Lousame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lousame

Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán