Cleómenes I foi rei de Esparta, aproximadamente entre os anos 520 a. C. e 489 a. C.
Traxectoria Da familia dos Axíadas, sucedeu ao seu pai Anaxandridas II cara ao ano 520 a. C. no trono de Esparta, e goberna conxuntamente co segundo rei, Demarato, ata 492 a. C. A asociación dos dous soberanos é problemática pois Demarato frea a miúdo a Cleómenes.
Este afirma a primacía de Esparta ao intervir moitas veces nos asuntos internos de Atenas. No 510 a. C. axuda aos Alcmeónidas a derrubar a tiranía de Hipias pero tenta logo apoiar o partido aristocrático de Iságoras contra os demócratas liderados por Clístenes de Atenas. En dúas ocasións, en 507 a. C. e en 506 a. C. tenta, en van, poñer fin á experiencia democrática posta en marcha por Clístenes.
Logo da revolta dos gregos de Xonia, négalle toda axuda de Esparta a Aristágoras, o tirano de Mileto. En 494 a. C. inflixe a Argos unha derrota en Sepeia, reforzando así o poderío espartiata no Peloponeso. En 492 a. C. expulsa a Demarato, quen se refuxia en Persia.
Morreu no ano 489 a. C. Ao parecer suicidouse, en estado demente.
Tivo como filla a Gorgo, unha das mulleres máis célebres da Grecia Antiga.
Categoría:Axíadas