A Rutenia subcarpática ou Rutenia transcarpática, coñecida tamén como Rutenia carpática, Ucraína carpática, Ucraína transcarpática, Zakarpattia, Rusinko, Rus subcarpática ou Subcarpacia (rusino e ucraíno: Карпатська Русь, romanizado: Karpats’ka Rus’; ruso: Карпатская Русь, romanizado: Karpatskaya Rus’; eslovaco e checo: Podkarpatská Rus; húngaro Kárpátalja; romanés Transcarpatia; polaco Zakarpacie; yidiss קאַרפַּאטן רוּס) é unha pequena rexión da Europa central que hoxe en día, na súa maior parte, constitúe óblast de Zakarpatia na Ucraína suroccidental (en ucraíno: Zakarpats’ka oblast’), así como unha pequena parte do extremo oriental de Eslovaquia (principalmente os kraj de Prešov e de Košice), Lemkovyna de Polonia e Maramureş en Romanía.
En canto á diversidade étnica, está habitada por ucraínos, rusinos, lemkos (que son de orixe polaca), húngaros, eslovacos, romaneses, búlgaros e rusos. Ademais, ten pequenas minorías de bogomilos, hutsul, xudeus, xitanos e zekler ou csango (etnicamente maxiares dunha igrexa ortodoxa).
Nomenclatura
A nomenclatura da rexión depende da perspectiva xeográfica e do punto de vista dos pobos que a compoñen. Así, desde unha perspectiva húngara, eslovaca ou checa descríbese a rexión como Subcarpatia, (baixo os Cárpatos) mentres que desde unha perspectiva de ucraína e rusa coñécese como Transcarpatia (ao outro lado dos Cárpatos).
Durante o período no que a rexión estivo administrada polo Reino de Hungría, durante aproximadamente mil anos, denominouse oficialmente polos húngaros como Subcarpatia () ou Alta Hungría nororiental. miniatura|esquerda|250px|Rutenia subcarpática (extremo oriental) dentro de Checoslovaquia, (1928-1938). Despois do Tratado de Trianón de 1920 e a desintegración de Austria-Hungría, a rexión pasou a formar parte de Checoslovaquia baixo o goberno de Gregory Zatkovich. Até 1938-1939 denominouse Rusinsko ou Karpatske Rusinsko, e despois Rus Subcarpática (checo e eslovaco: Podkarpatská Rus) ou Ucraína Subcarpática (checo e eslovaco: Podkarpatská Ukrajina), e desde 1927 como a Rexión Subcarpática (checo: Země podkarpatoruská, eslovaco: Krajina podkarpatoruská).
Os nomes non oficiais alternativos utilizados en Checoslovaquia antes da Segunda guerra mundial inclúen Subcarpatia (checo e eslovaco: Podkarpatsko), Transcarpatia (checo e eslovaco: Zakarpatsko), Ucraína transcarpática (checo e eslovaco: Zakarpatská Ukrajina), Rus/Rutenia Carpatiana (checo e eslovaco: Karpatská Rus) e, rara vez, Rus/Rutenia húngara (checo: Uherská Rus, eslovaco: Uhorská Rus).
A rexión declarou a súa efémera independencia en 1939 como Cárpato-Ucraína, antes de ser anexionada polo Reino de Hungría (1920-1945). miniatura|250px|Mapa étnico de de Zakarpatia en 2001.En rosa, ucraínos (incluíndo os rusinos).En verde, húngarosEn amarelo, romanesesEn azul, mestura de ucraínos e rusos.Nota: Os romanís non están representados no mapa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Magocsi, Paul R. (1978): The Shaping of a National Identity. Subcarpathian Rus, 1848-1948. Cambridge, Massachusetts (USA) / Londres. ISBN 0-674-80579-8. Nemec, Frantisek & Vladimir Moudry (1980): The Soviet Seizure of Subcarpathian Ruthenia. Toronto: Hyperion Press. ISBN 0-8305-0085-5. Shandor, Vincent (1997): Carpatho-Ukraine in the Twentieth Century. A Political and Legal History. Cambridge, Mass., Harvard U.P. for the Ukrainian Research Institute, Harvard University. ISBN 0-916458-86-5. Subtelny, Orest (2000): Ukraine: A History. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-8390-0. Wilson, Andrew (2002): The Ukrainians: Unexpected Nation, Yale University Press. ISBN 0-300-09309-8.
Outros artigos Rutenia Cárpato-Ucraína Checoslovaquia Hungría Historia de Ucraína Óblast de Zakarpatia
Ligazóns externas The Carpatho-Rusyn knowledge base Carpatho-Rusyns por Paul R. Magocsi, Carpatho-Rusyns, brochure published by The Carpatho-Rusyn Research Center, 1995. THE CARPATHO-RUSSIANS: A BRIEF HISTORY Carpatho-Ukraine (Karpatska Ukraina) en Internet Encyclopedia of Ukraine.
Categoría:Rexións históricas de Eslovaquia Categoría:Rexións históricas de Ucraína Categoría:Rexións históricas de Polonia