Stromae ([stʁomaj]),Pronuncia de Stromae en lingua francesa, segundo o alfabeto fonético internacional. nome artístico de Paul Van Haver, nado o 12 de marzo de 1985 en Bruxelas, é un cantautor, rapeiro e produtor belga. Acadou unha gran popularidade coa súa canción "Alors on danse", que se converteu nun éxito en numerosos países europeos.

Traxectoria Van Haver naceu en Bruxelas, fillo de pai ruandés e nai belga. O seu pai estivo ausente durante boa parte da súa infancia e foi asasinado durante o Xenocidio de Ruanda de 1994. A súa nai criouno nunha comunidade francesa dos suburbios de Bruxelas. Con once anos, Paul Van Haver amosou interese na música e acudiu ó Académie musicale de Jette, onde estudou historia da música e aprendeu a tocar a batería.

Discografía Álbums de estudio Cheese (2010) Racine carrée (2013) Multitude (2022)

EPs Juste un cerveau, un flow, un fond et un mic… (2007)

Mixtapes Freestyle Finest (2006) Mixture Elecstro (2009)

Álbums de vídeo Racine carrée Live (2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Cantantes de Bélxica