dereita|miniatura|page=13|Edición de 1909. En las orillas del Sar é un libro de poesía en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicado en 1884.
Publicación dos poemas miniatura|175px|Manuscrito dun poema de En las orillas del Sar. Foi o último libro publicado en vida pola autora, mais non hai consenso entre a crítica literaria con respecto á data na que foron creados os poemas recollidos neste libro. As palabras de Augusto González Besada no seu discurso de ingreso na Real Academia Española marcaron á crítica posterior, indicando que o periódico El Progreso de Pontevedra, afirmara que as creacións recollidas en En las orillas del Sar, viron a luz en 1866. Polo momento foron infrutuosas todas as buscas do devandito periódico, polo que tampouco se pode afirmar que nel apareceran plasmadas as poesías de Rosalía. Edicións Hai máis de 30 edicións distintas de En las orillas del Sar. Por exemplo, en 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Eugene F. Del Vecchio (editor) (1993). En las orillas del Sar Ediciones Akal. ISBN 84-7600-998-4.
Outros artigos Rosalía de Castro Ligazóns externas Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Categoría:Obras de poesía en castelán Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Obras literarias de 1884 Categoría:Libros no dominio público