Requián é un lugar da parroquia de Frades no concello pontevedrés da Estrada na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Tiña 29 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 15 mulleres.

Xeografía Limita con Cuntis, outras parroquias da Estrada, Valga e Pontecesures. Antigamente era un lugar de paso cara a Caldas de Reis, Pontecesures, A Estrada e Santiago de Compostela.

Patrimonio A capela de Requián comezou a construírse en 1744 por un párroco da zona, coa idea de que os comerciantes, peregrinos, e a propia veciñanza tivese un sitio de oración. En 1748 foi consagrada. A súa primeira imaxe foi a Virxe da Piedade, de pedra, que aínda segue na capela. Máis adiante pasou a adorarse a Virxe dos Milagres, figura de madeira.

Festas Celébrase a romaría da Virxe dos Milagres o 28 de agosto, con novena e procesión.

Lugares e parroquias Lugares de Frades

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Estrada Bibliografía

Categoría:Lugares da Estrada