Helena Miguélez Carballeira, nada en Vigo en 1978, é unha filóloga galega. Traxectoria Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo rematando en 2000. Fixo un máster en Estudos de Tradución na Universidade de Edimburgo, e doutorouse en Estudos Hispánicos. Foi profesora asociada no departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Aberdeen (2004) e en 2005 gañou a praza de profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Universidade de Bangor. É directora do Centro de Estudos Galegos en Gales. É editora fundadora da revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies e ten publicado traballos nas revistas The Translator, Bulletin of Hispanic Studies, Translation Studies, Grial, Bulletin of Hispanic Studies, The Translator. En 2019 foi aceptada na Gorsedd Beirdd Ynys Prydain. Forma parte do proxecto Espaço Clara Corbelle.

Obras Ensaio Galiza, um povo sentimental?: Género, política e cultura no imaginário nacional galego, 2014. Tradución de Galicia, a Sentimental Nation: Gender, Culture and Politics, 2013. A Companion to Galician Culture, 2014 (editora).

Traducións I Am Not from Here de María do Cebreiro.

Premios Premio da AELG ao mellor ensaio do 2014, por Galiza, um povo sentimental?.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Gorsedd

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Blog da autora Dr Helena Miguélez-Carballeira

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Tradutores do galego Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo