A protoporfirina de cinc (ZPP)CHEBI zinc protoporphyrin é un composto que se atopa nos eritrocitos do sangue cando a produción de hemo é inhibida por envelenamento por chumbo ou por falta de ferro. Neses casos a protoporfirina IX (precursora do hemo) en vez de incorporar un ión ferroso para formar o hemo, incorpora un ión cinc, formando ZPP. A reacción para inserir o ferro na protoporfirina IX está catalizada polo encima ferroquelatase.
Utilidade clínica A medición de protoporfirina de cinc nas células vermellas utilizouse como unha proba para a diagnose do envelenamento por chumbo e para a deficiencia de ferro. Hai varias situacións clínicas específicas en que esta medición é útil. Os niveis de protoporfirina de cinc poden elevarse como resultado das seguintes condicións: evelenamento por chumbo deficiencia de ferro anemia falciforme anemia sideroblástica anemia de enfermidade crónica exposición ao vanadio porfiria eritropoiética
As propiedades fluorescentes da ZPP en glóbulos vermellos intactos permiten que a proporción molar ZPP/hemo poida medirse rapidamente, a baixo custo e cun pequeno volume de mostra.
Historia Os compostos de protoporfirina que conteñen cinc coñécense desde a década de 1930. O interese por eles creceu co descubrimento en 1974 de que a ZPP era a principal porfirina non hémica que se formaba nos eritrocitos como resultado do envelenamento por chumbo ou a deficiencia de ferro.
Nesa época xa se sabía que os niveis de protoporfirina IX non hémica estaban elevados nesas condicións, pero investigacións previas utilizaran métodos de extracción que convertían a ZPP en protoporfirina IX libre.
A literatura inicial é ás veces confusa, e os resultados son difíciles de comparar sen un exame detallado dos métodos de medición e os factores de conversión utilizados para informar dos resultados. Algúns informes, por exemplo, medían a proporción molar ZPP/Hemo (μmol de ZPP por mol de hemo), pero informaban os datos como concentración en peso (μg de eritrocitos por decilitro, ou μg de eritrocitos por g de hemoglobina a un hematocrito asumido de 35). Os informes poden referirse a Protoporfirina Eritrocitaria Libre (FEP) ou Protoporfirina eritrocitaria (EP ou EPP). A ZPP é abreviada tamén como ZP e ZnPP. A práctica actual tenden a medir e informar a proporción molar de ZPP e Hemo (μmol/mol).
Notas
Véxase tamén Outros nomes Porfirina Protoporfirina Protoporfirina IX Hemo
Ligazóns externas
Categoría:Tetrapirrois