Paul Richard "Richie" Ginther, nado o 5 de agosto de 1930 no barrio de Granada Hills,Richie Ginther Enters Times Grand Prix, Los Angeles Times, September 13, 1960, Page C1 (Os Ánxeles), e finado o 20 de setembro de 1989 en Francia, foi un piloto de carreiras dos Estados Unidos. Durante a súa variada carreira, Ginther gañou o Gran Premio de México de 1965 a primeira vitoria de Honda nun Gran Premio, unha vitoria que tamén resultaría ser a única vitoria de Ginther na Fórmula 1. Ginther competiu en 54 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, e moitas outras carreiras de F1 fora do campionato.

Inicios Richie Ginther criouse na mesma cidade californiana do futuro campión do mundo de Fórmula Un Phil Hill, e foi a través de Hill, amigo do irmán máis vello de Ginther, que Richie Ginther correu a primeira carreira.Roebuck, N. 1998. Legends: Richie Ginther. Motor Sport. LXXV/3 (March 1999), 16–17 Logo de terminar a escola, en 1948 Richie Ginther seguiu os pasos do seu pai e foise a traballar para Douglas Aircraft, inicialmente no almacén de ferramentas e matrices. No seu tempo libre axudáballe a Phill Hill a reparar, manter e correr coa súa colección de coches antigos e hot rods,Sloniger, J. 1961. Tester to the Prancing Horse. In: Eves, E. (ed.) Autocourse: Review of International Motor Sport. 1960, Part One. Trafalgar Press, London. 80pp cando a carreira de Hill comezou a coller pulo. Ginther fixo o seu propio debut en Pebble Beach en 1951, pilotando un deportivo MG tipo T con motor Ford.

Con todo, a carreira de Ginther suspendeuse pouco despois durante dous anos debido ao servizo militar durante a Guerra de Corea. Durante este tempo adquiriu formación e experiencia en aeronaves e motores mecánicos, habilidades as que máis tarde deu un bo uso durante a súa carreira como piloto.

Fórmula Un

Ferrari

Ginther fixo o seu debut na F1 no Gran Premio de Mónaco de 1960 con Ferrari, con quen quedou ata a tempada de . En setembro no Gran Premio de Italia de 1960 en Monza quedou segundo tras Phil Hill. Ginther liderou desde o inicio ata a volta 25, cando Hill pasouno e liderou ata o final.Phil Hill, in Ferrari Wins Monza Grand Prix, Los Angeles Times, September 5, 1960, Page C6

En 1961 Ginther era o 3º piloto de Ferrari, detrás do 1º Wolfgang von Trips e o 2º Hill. Giancarlo Baghetti pilotaba o 4º coche. O director do equipo era Romulo Tavoni.Ferrari Has Enviable Problem; Who on His Team Should Win, New York Times, July 2, 1961, Page 58.

O 14 de maio de 1961, Ginther terminou segundo tras Stirling Moss no Gran Premio de Mónaco de 1961, só a 3´6 segundos por detrás, uns poucos metros. Pilotaba o novo Ferrari con motor traseiro.Moss May Be Tough, Lincoln Evening Journal, May 15, 1961, Page 14 Ginther clasificouse en primeiro lugar, por diante de Hill, cunha velocidade media de 113´8 km/h, e un tempo de clasificación de 1:39.3. Que eclipsou a marca anterior de 1:39.6 .Ginther Sets Monaco Record, Los Angeles Times, May 13, 1961, Page A3

En agosto de 1961 Ginther e Baghetti foron compañeiros de equipo no Gran Premio de Pescara. O seu Ferrari lideraba na décima volta, cando se detivo nun tramo recto cunha roda picada.Italians' Ferrari Takes Auto Race, New York Times, August 16, 1961, Page 27. Ginther fixo unha velocidade media de máis de 214 km/h nos 10 km. do Autodromo Nazionale Monza en setembro de 1961, para liderar o primeiro día da clasificación para o Gran Premio de Italia de 1961.Grand Prix Trials Paced By Ginther, New York Times, September 9, 1961, Page 25. Von Trips cualificado primeiro con Ginther na terceira posición de partida detrás de Ricardo Rodríguez.Ferraris In Sweep, New York Times, September 10, 1961, Page K9 Ginther retirouse da carreira. Von Trips morreu nun espectacular accidente na segunda volta, no que tamén morreron once espectadores.Von Trips and 11 Spectators Killed in Grand Prix, New York Times, September 11, 1961, Page 1. Algúns dos que resultaron feridos, finalmente sucumbiron, resultaron un total de quince mortes. O equipo Ferrari deixou a competición ata o 1 de xaneiro de 1962 como unha mostra de respecto a Von Trips.Top Drivers Arrive For Grand Prix, New York Times, October 10, 1961, Page C4.

BRM e Honda

En pasou ao equipo británico BRM para competir xunto a Graham Hill, o máis destacado foi o terceiro lugar no Campionato Mundial de detrás de Hill. Anotou máis puntos que o seu compañeiro de equipo en toda a tempada, pero só contaban as seis mellores puntuacións para o campionato.

A súa reputación como un sólido "corredor de equipo" e un excelente piloto de probas e desenvolvemento valeulle unha invitación para unirse ao equipo Honda en co que logrou a súa primeira e única vitoria nun GP no Gran Premio de México de 1965. O triunfo tamén foi o primeiro para Honda na Fórmula 1. Ginther fixo 151´7 km/h sobre a revirada pista de 5 km. nas 65 voltas na carreira de Cidade de México. A súa velocidade eclipsou a marca anterior de 150´185 km/h establecido por Dan Gurney en 1964. Tamén foi a primeira vez que Honda participou no Gran Premio de México.Ginther Takes Mexican Grand Prix, Fresno Bee, October 25, 1965, Page 18. Honda volveu a participar na competencia internacional no Gran Premio de Italia de 1966. O equipo Honda so tiña tres anos e atopouse con dificultades na preparación dun motor máis grande. Ginther lideraba en Italia antes de que o seu coche estrelarase contra un muro de contención e rompeuse a clavícula.U.S. Grand Prix, Fremont Argus, September 30, 1966, Page 9.

Ginther gañou 1 carreira, logrou 14 podios, e anotou un total de 107 puntos nos campionatos que participou.

El apareceu nun papel sen acreditar na película de 1966 Grand Prix como John Hogarth, un piloto do equipo xaponés "Yamura". Tamén actuou como un dos asesores técnicos da película.

Ao facer un intento para cualificar para as 500 Millas de Indianápolis de 1967, Ginther decidiu que xa era suficiente e afastouse das carreiras. A Ginther rompéuselle unha tubaria de combustible no seu Indy All-American Eagle que rociouno cunha mestura de etanol e gasolina. Esta experiencia, xunto co recordo de queimarse antes, levou a súa retirada repentina.Motor Sports Today, Van Nuys News, April 14, 1968, Page 36.

Ginther tamén participou nun Porsche 911 con outros dous pilotos americanos durante a 39ª edición das 24 Horas de Le Mans, en xuño de 1971.Porsche Team Choice To Wim At Le Mans, Hamilton, Ohio Daily News Journal, June 12, 1971, Page 23.

Morte

Richie Ginther morreu dun ataque ao corazón mentres estaba de vacacións coa súa familia en Francia o 20 de setembro de 1989.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.Up until , not all points scored by a driver contributed to their final World Championship tally (see list of points scoring systems for more information). Numbers without parentheses are Championship points; numbers in parentheses are total points scored. Scuderia Ferrari Ferrari 246P Ferrari ARX MON6 500 9º 8 Ferrari Dino 246 NED6 BEL GBR POR ITA2 USA Reventlow Automobiles Inc Scarab Type 1 Scarab FRANTS Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari MON2 NED5 BEL3 FRARet GBR3 ALE8 ITARet USANCG 5º 16 Owen Racing Organisation BRM P48/57 BRM NEDRet MONRet 8º 10 BRM P57 BRM BEL13 FRA3 GBR13 ALE8 ITA2 USARet RSA7 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM MON2 BEL4 NED5 FRARet GBR4 ALE3 ITA2 USA2 MEX3 RSARet 3º 29 (34) Owen Racing Organisation BRM P261 BRM MON2 NED11 BEL4 FRA5 GBR8 ALE7 AUT2 ITA4 USA4 MEX8 5º 23 Honda R&D Co Honda RA272 Honda RSA MONRet BEL6 FRARet GBRRet NED6 ALE ITARet USA7 MEX1 7º 11 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati MONRet BEL5 FRA GBR NED ALE 11º 5 Honda R&D Co Honda RA273 Honda ITARet USANC MEX4 Anglo American Racers Eagle Mk1 Weslake RSA MONNSC NC 0 Advance Muffler/Bruce Bromme NEDNCG BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX

Resultados en carreiras non de campionato (Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 1960 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 GLV INT SIL9 LOM OUL 1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYRWD NAP LON SIL SOL KAN DAN MOD FLG OUL LEW VAL RAN NAT RSA 1962 Owen Racing Organisation BRM P578 BRM CAP BRX LOMWD LAV GLV10 PAU AINRet INTRet NAP MAL CLP RMSRet SOL KAN MED DAN OULRet MEX RAN15 NAT3 1963 Owen Racing Organisation BRM P578 BRM LOM5 GLVRet PAU IMO SYR AIN4 INTRet ROM SOL KAN MED AUT OUL2 RAN 1964 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM DMTWD NWT SYR AINNTS INTWD SOL MED RAN 1966 Stirling Moss Racing Team BRP BRM V8 RSARet SYR Cooper Car Company Cooper T81 Maserati INTRet OUL 1967 Anglo American Racers Eagle Mk1 Weslake ROC10 SPC INT SYR OUL ESP

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biographical article and video on The Speed Blog Richie Ginther | #18 of top-20 non-WDC F1 drivers

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scarab Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Honda Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Anglo American Racers Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados nos Ánxeles