O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) é un centro de investigación mariñas e pesqueiras que pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas e que se atopa en Bouzas, Vigo. Creouse no 1951 e dependeu do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona ata o 1978, cando se desvencellou del e recibiu o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. O nome actual asignóuselle en 1986
Liñas de investigacións O IIM adícase especialmente ao estudo dos ecosistemas mariños, á fisioloxía e enfermidades de organismos acuáticos cultivados, aos produtos mariños de consumo e aos problemas ambientais xerados por actividades humanas en costas.
Os departamentos do IIM e a as súas liñas de investigación son :
Oceanografía: oceanoloxía, bioxeoquímica mariña, fotobioloxía e pigmentos do fitoplancto. Ecoloxía e recursos mariños: ecoloxía e diversidade mariña, ecoloxía pesqueira, bioloxía e fisioloxía larval de peixes e fitoplancto tóxico. Biotecnoloxía e acuicultura: ecofisioloxía, biomarcadores e xestión sostible de bivalvos, inmunoloxía e xenómica, reciclaxe e patobioloxía molecular. Tecnoloxía dos alimentos: química de produtos mariños, bioquímica de alimentos, microbioloxía e tecnoloxía de produtos mariños e enxeñaría de procesos.
Historia En 1943 o CSIC creou o Instituto de Bioloxía Aplicada e no 1949 creou a súa sección de bioloxía mariña. No 1951 esa sección recibiu a denominación de Instituto de Investigacións Pesqueiras. Ese ano creáronse os laboratorios costeiros de Blanes, Vinaròs, Castelló e o de Vigo. No ano 1957, trala creación do centro de Cádiz, creouse o centro de Barcelona, do que pasaron a depender tódolos laboratorios.
O IIM dependeu do IIM de Barcelona ata o 1978, dándoselle o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. No 1986 recibiu o nome actual de Instituto de Investigacións Mariñas.
Antes de se inaugurar o edificio actual de Bouzas no 1973, o centro ocupaba parte do Instituto Alemán de Vigo, entre os anos 1951 e 1960 e unha sede enteira na Avenida Orillamar dende o 1961 ata o 1973. Foi no 1973 cando o IIM pasou á súa actual localización en Bouzas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía e (2003). El Instituto de Investigaciones Pesqueras. Tres décadas de historia... CSIC. ISBN 9788400081959 Outros artigos Ramón Margalef Francisco G. Figueiras Ligazóns externas Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo
Categoría:CSIC Categoría:Bouzas, Vigo Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia