miniatura|right|280px|Marina Bay, con Marina Centro no fondo.
Marina Bay é unha baía próxima á zona central de Singapur. É unha baía artificial, e formouse cun recheo de terra que creou o Marina Centro e a área Marina Sur; durante o proceso de recuperación, a dársena Telok Ayer foi eliminada do mapa, e o río de Singapur desemboca agora na baía, en vez do facelo directamente ó mar. En 2008 rematouse unha barreira que fixo de Marina Bay unha reserva de auga potable (o Singapur Marina Reservoir).
Plan Director O Plan Director URA para Marina Bay ten como obxectivo fomentar a mestura de usos comercial, residencial, hoteleiro e de lecer para esta zona.
O goberno de Singapur tamén gastou 35 millóns de dólares para completar os 3,5 quilómetros de paseo marítimo fronte ao mar ao redor de Marina Bay.“$35m for Marina Bay waterfront promenade”. Asiaone. 2008-09-19. http://www.asiaone.com/Travel/News/Story/A1Story20080918-88574.html Retrieved 2010-06-03. Inclúese un novo centro de visitantes ecolóxico e a "Helix" que une o paseo co Marina Center onde se atopa o Parque Olímpico da Mocidade. O Promontory @ Marina Bay (antes Central Promontory Site) utilizarase como un espazo provisional para eventos e como espazo público utilizado para actividades teatrais e espectáculos."Downtown @ Marina Bay". URA. http://www.ura.gov.sg/cudd/cawebsite/downtown-map.htm Retrieved 2010-07-08.
miniatura|centre|800px|Vista aérea de Marina Bay no serán miniatura|centre|800px|Vista de Marina Bay pola noite
Historia En 1970, levouse a cabo o recheo de terras en Marina Bay, formando o que hoxe en día son as áreas de Marina Centro e Marina Sur. No proceso de recuperación, Telok Ayer Basin e Inner Roads elimináronse do mapa co recheo de terras, mentres que a boca do río Singapur agora desemboca na baía no canto de directamente no mar. En 2008, foi construída a Marina Barrage, unha barreira para facer no centro da cidade unha reserva de auga doce, para o abastecemento de auga, control de inundacións e un novo e atractivo estilo de vida.
Eventos miniatura|300px | Marina Bay vista desde o Flyer Singapur á tardiña A presentación do Gran Premio de Singapur levouse a cabo o 28 de setembro de 2008 sobre un circuíto urbano a través de Marina Bay."Singapore to host F1 Grand Prix next year". Channel NewsAsia. 2006-05-11. http://www.channelnewsasia.com/stories/singaporelocalnews/view/275566/1/.html Consultado o 2007-05-11. Foi a primeira vez que un Gran Premio de Fórmula Un se disputou de noite, coa pista totalmente iluminada. Desde a súa creación, The Float@Marina Bay foi sede de eventos como o Desfile do Día Nacional, despedidas de ano, e tamén serviu como bancada de pé para a primeira edición do Gran Premio de Singapur de Fórmula 1. O estadio flotante máis grande do mundo foi a sede da apertura e clausura da primeira edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade de 2010."Singapore YOG 2010 Fan Site". http://www.singaporeyoutholympicgames.com/yog-venues/marina-bay-floating-stadium/ Consultado o 2010-07-08.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Marina Bay Official Website Marina Bay Facebook Page Urban Redevelopment Authority Official Website Marina Bay Photo Gallery
Categoría:Singapur