O Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas atópase ao nordés da provincia de Xaén, en Andalucía, España. Está declarado coma reserva da biosfera pola UNESCO dende 1983, coma parque natural dende 1986 e coma zona de especial protección para as aves (ZEPA) desde 1987.
Conta cunha superficie de 214 300 ha, sendo o maior parque natural de España e o segundo de Europa.
Flora A formación forestal máis estendida é o bosque mediterráneo, dominado polo piñeiro negral e os xenebreiros. Existen interesantes endemismos coma o Xeranio de Cazorla (Geranium Cazorlense) e o Erodium Cazorlanum.
Fauna O mamífero máis común e salientable é a cabra montesa. Entre as aves, nomear o quebraosos. Actualmente é obxecto dun proxecto de reintrodución. Esta especie desapareceu do parque no 1986, tralas campañas de envelenamento promovidas pola Administración franquista dende as décadas 50 e 60 do século XX. Entre os réptiles existe o endemismo da lagarta de Valverde (Algyroides Marchi).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial do parque
Cazorla, Segura e Las Villas, Parque Natural das Serras de