miniatura|240px|Charouvía ( Pastinaca sativa) miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|Charouvía. A charouvía ou pastinaca<ref>Nomes vulgares galego en varias fontes: "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009; 'Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012 </ref> (Pastinaca sativa), é unha raíz que se emprega como hortaliza, moi relacionada coa cenoria, aínda que máis pálida e con máis sabor que esta. O seu cultivo remóntase á tempos antigos en Eurasia: antes da importación da pataca tralo descubrimento de América, a charouvía ocupaba o seu lugar .
Descrición É unha especie bienal, semellante á cenoira. A súa raizame ten unha raíz principal pivotante, carnosa e grosa, abrancazada a amarelenta, e raíces secundarias magras. O sistema caulinar, o primeiro ano, componse dun talo curtísimo de onde saen as follas formando unha roseta. Follas grandes, de 4 dm, con longos pecíolos na base, de lámina imparipinnada, con folíolos dentados ou lobulados, averdados escuros. No segundo ano, bota ramificacións e acada 80 cm de altura. Nos ápices das pólas agroman as umbelas con flores pequenas, brancas-averdadas e inconspicuas. Da polinización entomófila frutifica en esquizocarpos alados nas súas marxes, acastañados, cunha semente en cada mericarpio.
Nutrición Consómese a raíz primaria e parte do hipocótilo cocida, en guisos e sopas (dá sabor anisado).
Posúe máis vitaminas e minerais que a cenoira.
Características nutricionais por cada 100 g Presenta Glícidos: 19 g 55 kcal, 230 kJ Fósforo: 360 mg Fibra: 2g Ferro: 0,7 mg Sodio: 12 mg Potasio: 541 mg Vitamina A: 30,0 UI Tiamina: 0,08 mg Riboflavina: 0.09 mg Niacina: 0,2 mg Vitamina C: 16 mg
Cultivares Pastinaca é nativa de Eurasia, e existen tres cultivares:
Panais Redonda Precoz Panais Medio Longa Longa de Guernesey
Cultivo Non medra en clima cálido, necesita xeadas para desenvolver o seu sabor. É especial para rexións con curtas tempadas de crecemento. Gusta dos terreos areentos, e/ou limosos; os arxilosos e pedrentos non son bos para as súas raíces, producindo deformacións e tamaño curto.
As sementes plántanse ao comezo da primavera. Recóllense ao final do verán, despois da primeira xeada, e continúa durante o outono, até se conxelar o chan.
Máis que noutras especies de hortalizas, a viabilidade das súas sementes deteriórase se se almacenan moito tempo. Cada ano precisa semente fresca.
Nos Estados Unidos, moitos estados téñena na lista de malas herbas .
A pastinaca é alimento de larvas dalgunhas especies de lepidópteros.
Perigo Cando se apañan nas leiras, cómpre non confundilas coa cicuta con resultados fatais.
Taxonomía Pastinaca sativa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 261. 1753. Sinonimia Anethum pastinaca Wibel Elaphoboscum sativum (L.) Rupr. Peucedanum pastinaca (Wibel) Baill. Peucedanum pastinaca (L.) Benth. & Hook. f. Peucedanum sativum (L.) Benth. & Hook. f. Selinum pastinaca'' (L.) Crantz
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dr D.G.Hessayon. 2003. "Experto en vegetales & hierbas". Expert Books. ISBN 0-903505-46-0 Ligazóns externas
Perfil da Pastinaca sativa Departamento de Agricultura dos EUA: USDA, http://plants.usda.gov/ Database Pastinaca sativa en http://www.missouriplants.com missouriplants.com Receitas con pastinaca
Categoría:Pastinaca Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Hortalizas Categoría:Raíces e tubérculos comestibles Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné