Carmen Álvarez, nada en 1889, foi unha propagandista agraria galega.
Traxectoria Ligada ao Directorio Antiforista de Teis, foi unha activista na campaña antiforal de 1909. Con vinte anos participou nos mitins e reunións antiforistas xunto con Elena Estévez. Caracterizábase por unhas intervencións cheas de forza nas que amais de atacar o caciquismo, tentaba convencer as mulleres da necesidade de incorporarse a unha loita na que se libraba a vida de Galicia e a emigración dos seus fillos.
Véxase tamén Bibliografía "ÁLVAREZ, Carmen". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes