La passion de Jeanne d’Arc é un filme mudo dirixido por Carl Theodor Dreyer en 1928.
Sinopse A heroína francesa Xoana de Arco é levada ao tribunal. Os xuíces tratan de que diga algo que negue a súa afirmación de ser unha enviada de Deus para loitar contra os ingleses, mais ela mantense firme. Ensínanlles cartas falsas, pero aínda así non o conseguen. Cando xa está na cacharela pide un sacerdote, pero ao final tamén o acaba rexeitando.
Personaxes Maria Falconetti como Xoana de Arco Eugène Silvain como o bispo Pierre Cauchon André Berley como Jean d'Estivet Maurice Schutz como Nicolas Loyseleur Antonin Artaud como Jean Massieu Michel Simon como Jean Lemaître Jean d'Yd como Guillaume Evrard Ravet como Jean Beaupère André Lurville como xuíz Jacques Arnna como xuíz Alexandre Mihalesco como xuíz Léon Larive como xuíz
Produción O filme foi dirixido por Dreyer tralo éxito en Dinamarca de Du skal ære din hustru. A realización do filme durou un ano e medio, que resultou unha tortura para os participantes, especialmente para a protagonista, Maria Falconetti.
Gran parte do orzamento foi dedicado á recreación dos decorados, a pesar de que a utilización de primeiros planos fai que non se vexan en moitos momentos.
O filme sufriu diversos problemas de montaxe, comezando pola censura obrigada polo arcebispo de París, así como pola perda do negativo orixinal no incendio dos estudios UFA de Berlín.
A principios dos anos oitenta apareceu unha copia nun sanatorio mental de Oslo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en filmaffinity
Categoría:Filmes de 1928 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes dirixidos por Carl Theodor Dreyer Categoría:Filmes baseados en feitos reais