Salvia officinalis, comunmente chamada sarxa, xarxa ou salvia, é unha especie herbácea pertencente á familia das lamiáceas. É nativa da rexión mediterránea, aínda que se naturalizou en moitos lugares do mundo. Ten unha longa tradición tanto de usos medicinais como culinarios e durante os últimos tempos utilízase tamén como ornamental.
Descrición É unha planta perenne aromática de até 70 cm de altura. Talos erectos e pubescentes. Follas pecioladas, oblongas e ovais, máis raramente lanceoladas, coa nervadura ben marcada. Flores branco-violáceas en acios, con corola de até 3 cm, cun labio superior case recto; o cáliz é máis pequeno que a corola con tonalidades púrpureas.
Taxonomía Salvia officinalis foi descrita por Carl Linnaeus en 1753. Foi cultivada durante séculos no Vello Mundo polas súas propiedades culinarias e medicinais e moitas veces foi descrita con propiedades curativas milagrosas O epíteto específico officinalis, refírese ao uso medicinal, officina, a cal foi unha herba tradicional en expendios medievais dos mosteiros S. officinalis foi clasificada con varias denominacións taxonómicas
Distribución e hábitat Encóntrase na Europa mediterránea, en sitios rochosos e herbeiros secos, desde o nivel do mar até zonas montañosas. Ten preferencia polos terreos pouco produtivos e pouco fértiles. En España predomina a variedade lavandulifolia.
Cultivares A maioría deles son cultivados máis frecuentemente como ornamentais que polas súas propiedades herbais, como pequenos arbustos, especialmente en lugares excesivamente soleados. Propáganse facilmente de póla durante a estación cálida.
"Purpurascens", cultivar de follas púrpura, considerado como o máis forte das Salvia. "Tricolor", cultivar con follas variegadas branco, amarelo e verde. "Berggarten", cultivar con follas alongadas. "Icterina", cultivar con follas variegadas amarelo verdosas. "Alba", cultivar de flores brancas. "Lavandulaefolia", cultivar de follas pequenas.
Un dito medieval é: "Cur moriatur homo cui Salvia crescit in horto?" ("Por que ha morrer un home mentres medra a xarxa no seu xardín?").
Citoloxía Número de cromosomas de Salvia officinalis (Fam. Labiatae) e taxóns infraespecíficos.Salvia officinalis L. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955) 2n=14.
Variedades e Sinonimia miniatura|Unha planta de salvia officinalis en testo miniatura|Follas miniatura|Sementes subsp. gallica (W.Lippert) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 (2004). Desde Alemaña até o norte de España Salvia lavandulifolia subsp. gallica W.Lippert, Mitt. Bot. Staatssamml. München 15: 416 (1979). subsp. lavandulifolia (Vahl) Gams in Hegi, Ill. Fl. Mitt.-Eur. 5(4): 2482 (1927). Do leste e centro de España Salvia lavandulifolia Vahl, Enum. Pl. 1: 222 1804 Salvia hispanorum Lag., Gen. Sp. Pl.: 1 1816 Salvia tenuior Desf. ex Roem. & Schult., Syst. Veg. 1: 200 1817 Salvia rosmarinifolia G.Don in Sweet, Hort. Brit., ed. 3: 532 1839 Salvia approximata Pau, Not. Bot. Fl. Españ. 1: 7 1887 Salvia lavandulifolia subsp. pyrenaeorum W.Lippert, Mitt. Bot. Staatssamml. München 15: 419 1979 Salvia lavandulifolia subsp. approximata (Pau) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 43: 178 1986 Salvia lavandulifolia var. adenostachys (O.Bolòs & Vigo) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987 Salvia lavandulifolia var. trichostachya (Font Quer ex O.Bolòs & Vigo) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987 Salvia lavandulifolia var. approximata (Pau) Figuerola, Stübing & Peris, Folia Bot. Misc. 7: 86 1990 Salvia lavandulifolia var. pyrenaeorum (W.Lippert) Figuerola, Stübing & Peris, Folia Bot. Misc. 7: 86 1990 subsp. multiflora Gajic, Glasn. Prir. Muz. Beogradu, C 7: 49 1973. Península Balcánica
subsp. officinalis. De Italia e Península Balcánica. Salvia cretica L., Sp. Pl.: 23 (1753) Salvia hispanica Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 510 b 1764, opus utique oppr. Salvia minor Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 511 a 1764, opus utique oppr. Salvia digyna Stokes, Bot. Mat. Med. 1: 58 1812 Salvia chromatica Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult.: 194 1824 Salvia grandiflora Ten., Fl. Neapol. Prodr. App. 5: 3 1826, nom. illeg. Salvia papillosa Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult., Nachtr. 3: 58 1828 Oboskon cretica (L.) Raf., Fl. Tellur. 3: 93 1837 Salvia clusii Vilm., Fl. Pleine Terre: 773 1863 Salvia tricolor Vilm., Fl. Pleine Terre: 773 1863 subsp. oxyodon (Webb & Heldr.) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 2004. Do sueste de España Salvia oxyodon Webb & Heldr., Cat. Pl. Hispan.: 309 1850 Salvia lavandulifolia subsp. oxyodon (Webb & Heldr.) Rivas Goday & Rivas Mart., Anales Inst. Bot. Cavanilles 25: 170 1967 Salvia lavandulifolia var. lagascana Webb, Iter Hispan.: 19 1838 Salvia lavandulifolia var. spicata Willk. in M.Willkomm & J.M.C.Lange, Prodr. Fl. Hispan. 2: 421 1870 Salvia aucheri var. aurasiaca Maire, Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 20: 196 1929 Salvia lavandulifolia var. aurasiaca (Maire) Rosua & Blanca, Acta Bot. Malac. 11: 259 1986 Salvia blancoana var. aurasiaca (Maire) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987 Salvia blancoana var. lagascana (Webb) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987
Usos
Principios activos Contén aceites esenciais, flavonoides e principios amargos.
Medicinais Ten moitas propiedades medicinais como antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, adstrinxente e antiséptica. Por iso é cultivada como planta medicinal.
Culinarios miniatura|Detalle flores.
Como condimento ten un sabor lixeiramente picante. Na cociña occidental, úsase para condimentar carnes graxas (especialmente as marinadas), queixos, e algunhas bebidas.
Nome común Galego: salva, sargha, sarxa, xarxa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Diccionario de plantas medicinales. ISBN 978-84-941386-1-4. Autor: José Antonio Sánchez. Ed. Ta-BooK.
Categoría:Plantas medicinais officinalis Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné