Santa Icía de Xuvia ou A Solaina é unha parroquia do concello de Narón na provincia da Coruña. Está situado entre A Gándara e o concello de Ferrol.

En 2010 fusiónase estatisticamente con outras parroquias veciñas para dar lugar á zona urbana de Narón. Por isto mesmo, os datos máis recentes de poboación que achega o Instituto Galego de Estatística son de 2009: 6476 habitantes (3194 homes e 3282 mulleres).

Eclesiasticamente, conforma unha continuación da parroquia de Santa Icía de Trasancos. Servizos Estación de Santa Icía, da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Lugares e parroquias

Lugares de Santa Icía de Xuvia

Parroquias de Narón

Notas

Categoría:Parroquias de Narón