Poñente é unha novela en lingua catalá de Pere Tobaruela, publicada en 2009 co título orixinal de Llum de ponent. Foi traducida ao galego por Ana Boullón.

Trama

Carme é unha profesora de historia catalá, que nun congreso en Italia coñece a Sarela, unha profesora universitaria galega, da que namora. As dúas comezan a investigar o papel dos empresarios cataláns da salga da sardiña na Pobra do Caramiñal a mediados do século XIX. Así, coñecen a historia de Joan Sadurní, un home que procede dunha familia labrega e que acabou xestionando as empresas máis importantes de navegación do Barbanza e que casou por amor cunha costureira galega.

Narración A novela vai intercalando episodios ambientados na actualidade con analepses de mediados do século XIX. A trama desenvólvese principalmente na Pobra do Caramiñal, aparecendo tamén outros lugares como Santiago de Compostela, Barcelona, Sitges ou Porto.

A trama contemporánea está narrada en primeira persoa por Carme, e as analepses aparecen en terceira persoa cun narrador omnisciente. Os capítulos, cincuenta e catro, son moi curtos, e inclúen documentos ficticios como testamentos, partidas de defunción ou documentos administrativos. Amais, hai descricións aparecidas no Dicionario de Madoz e anacos de textos de autores como Xosé Cornide Saavedra ou Lisardo Barreiro.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial

Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Novelas en catalán Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras traducidas do catalán ao galego