They Might Be Giants, ás veces chamado The Pink Album, é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo They Might Be Giants, publicado o 4 de novembro de 1986 a través do selo Bar/None Records. Del sacáronse dous sinxelos, "Don't Let's Start" e "(She Was A) Hotel Detective". Está incluído enteiramente en Then: The Earlier Years, un recompilatorio do primeiro material do grupo, coa excepción de "Don't Let's Start", que foi substituída pola mestura do sinxelo nesta recompilación.

"Don't Let's Start", un dos sinxelos do álbum, adoita a ser citado como unha canción clave no repertorio da banda, e o seu éxito contribuíu positivamente ás vendas do disco. Como resultado dese protagonismo, cando a banda asinou con Elektra Records, "Don't Let's Start" foi reeditada en Europa con caras b alternativas.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de They Might Be Giants Categoría:Álbums musicais de 1986 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Bar/None Records