Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (245 mulleres e 231 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.

Patrimonio Castelo do Príncipe, fortaleza deseñada polos enxeñeiros Llovet e Carlos Lemourpara a defensa da da ría de Cee-Corcubión dos franceses e piratas. Construíuse entre 1740 e 1755. Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo, construída no s. XV e reformada no XVIII. No interior gárdase unha reliquia cun dos dedos de Santiago o Maior; segundo a lenda, os veciños recolleron esa falanxe tras a pelexa entre a alma do apóstolo e os mouros que ocupaban a zona. Coma conmemoración da axuda do apóstolo a recuperación das terras para o pobo e a expulsión dos musulmáns, os veciños ergueron a igrexa parroquial da Ameixenda.

Lugares e parroquias Lugares da Ameixenda

Parroquias de Cee

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cee

Categoría:Parroquias de Cee Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior