Santo Adrán de Toba é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 647 habitantes (325 mulleres e 322 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 619 habitantes. En 1999 tiña 646 habitantes.
Patrimonio Na parroquia atópase a praia de Estorde, con Bandeira Azul. A igrexa parroquial é románica, do século XII, con planta de cruz latina. Preto dela hai un conxunto de sete muíños de auga restaurados en parte nos últimos anos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Toba
Parroquias de Cee
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cee
Categoría:Parroquias de Cee Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrán