Santa Baia de Brens é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 868 habitantes (468 mulleres e 400 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1137 habitantes, e 1999 cando tiña 1212 habitantes. Historia

Na parroquia está a fábrica de carburos de Brens, da empresa XEAL. En orixe foi de carburo de calcio, e posteriormente de aleaxes de ferro.

No 2008 iniciouse a ampliación do peirao de Brens que pasou a ser, por capacidade, un dos máis importantes de Galicia. Acolle o Don Inda, un dos máis modernos buques de salvamento marítimo.

Patrimonio

A igrexa de Santa Baia, de estilo barroco, ten un retablo maior vinculado, pola súa decoración, cos artistas composteláns Fernando de Casas Novoa e Simón Rodríguez.

Lugares e parroquias Lugares de Brens

Parroquias de Cee

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cee

Categoría:Parroquias de Cee Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia