San Pedro de Quembre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 335 habitantes (173 mulleres e 162 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 381 habitantes.
Cultura Topónimo Quembre é un topónimo posiblemente prerromano que indica a existencia dunha fortificación, castro ou dunha altura. O seu uso xorde antes do século III.
Patrimonio Igrexa de San Pedro de Quembre, construída no século XIX no lugar onde se encontraba unha capela románica. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais. Pazo da Ribeira, situado no lugar da Ribeira, á beira do río Barcia e preto de Ponte Lago. É unha casa de planta rectangular realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Máis adiante engadíuselle unha galería de madeira pintada en branco. Ten un escudo coas armas dos Salazar e dos Alvarado. A capela esta dedicada a San Xoán Bautista. Pazo de Esperante, no lugar de Esperante, separado de Cerceda polo monte Xalo. Ten dous edificios anexos con funcións de hórreo-cocheira e almacén.
Lugares e parroquias Lugares de Quembre
Parroquias de Carral
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carral
Categoría:Parroquias de Carral Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía