Santiago de Sumio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 380 habitantes (192 homes e 188 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 521 habitantes.
Patrimonio Igrexa de Santiago de Sumio, construída en 1776 polos señores de Vilasuso. Ten un escudo situado enriba da sepultura que se conserva na igrexa e un retablo barroco da sancristía. Pazo de Vilasuso no lugar de Vilasuso, de estilo barroco, de planta angular, con dous corpos da fachada principal en escuadra. Nun lateral sitúase a capela. Entre as torres da fachada principal ten un escudo que reprenda aos Vilardefracos, Bermudez de Castro, Salgado, Santiso, Lobeira e Mariño.
Festas Festa e Romaría de San Pedro Grande, o 28 e 29 de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Sumio
Parroquias de Carral
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carral
Categoría:Parroquias de Carral Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior