Santalla de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.
Xeografía A parroquia de Cervo está situada na parte alta do val do río Condomiñas e na aba leste do monte Eixil que polo norte forma os elevados cantís de Punta Candieira. Os lindes desta parroquia son: Polo norte e oeste, o mar, dende a Boca da Ribeira á Fonte da Ardillosa; polo leste a parroquia de Régoa e polo sur a parroquia de Cedeira, dende a desembocadura do rego do Couto no río Condomiñas, até a fonte de Eixil e da Ardillosa.
Unha estrada que sae da vila de Cedeira pasa por Chímparra, polos altos da Capelada e chega até o concello de Cariño, atravesa esta parroquia polo leste cruzando os lugares de Retorta, Magoira, Corredoira, Graña e Rabadán.
Patrimonio esquerda|miniatura|Igrexa parroquial.
No lugar de Ledín está a igrexa parroquial que ten a Santa Baia coma patroa.
Lugares e parroquias Lugares de Cervo
Parroquias de Cedeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cedeira
Categoría:Parroquias de Cedeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santalla