Galicia. Diario de Vigo foi un xornal de ideoloxía galeguista que se editou en Vigo entre o 25 de xullo de 1922 e o 15 de setembro de 1926.

Nacemento O promotor do xornal foi Ernesto Cádiz Vargas, cónsul honorario de Chile na Coruña, que lle ofreceu o posto de xefe de redacción a Valentín Paz-Andrade a través de José García Acuña e Antón Villar Ponte. miniatura|"Prólogo de un libro de poemas que ninguén escribeu", de Manuel Antonio. A xuntanza fundacional do Galicia tivo lugar no Hotel Continental de Vigo na primavera de 1922, e a ela asistiron Ernesto Cádiz Vargas, Valentín Paz Andrade, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Antón Losada Diéguez e Manuel Lustres Rivas. Un dos puntos a debater nesa primeira reunión foi o nome do diario, e aínda que se pensou no nome Atlántico, finalmente elixiuse o nome Galicia. Como liñas ideolóxicas do novo xornal establecéronse a independencia política, a defensa dos intereses galegos e a rehabilitación plena da personalidade de Galicia. Nesa primeira reunión tamén se decidiu a data de saída á rúa, que a proposta de Castelao, foi o 25 de xullo (Día de Galiza) dese mesmo ano.

Para organizar o taller o impresor Manuel R. Moret, trasladouse durante un tempo dende a Coruña a Vigo.

O que ía ser o primeiro editorial foi redactado por un funcionario retirado sen experiencia periodística, que Ernesto Cádiz Vargas escollera para o posto de director: Felipe Lavandeira. Valentín Paz-Andrade tras ler ese editorial presentou a súa dimisión.

O propietario aceptou as obxeccións do que ía ser redactor xefe, e foi Felipe Lavandeira quen abandonou o xornal. Valentín Paz-Andrade foi nomeado director e escribiu un novo editorial para o número de saída. Manuel Lustres Rivas foi nomeado xefe de redacción.

Colaboradores Entre os seus colaboradores máis asiduos estiveron Antón Losada Diéguez, Antón Villar Ponte, Ramón Villar Ponte, Vicente Risco, Xaime Quintanilla, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Xosé Núñez Búa, Fermín Bouza-Brey, Rafael Dieste ou Roberto Blanco Torres (Frei Roblanto) que foi xefe de redacción cando Manuel Lustres Rivas emigrou a Arxentina. Castelao publicou no xornal caricaturas baixo o título de "Cousas da Vida", que se fixeron inmensamente populares en case toda Galicia.

Relevancia no xornalismo galego O xornal converteuse nun modelo para a prensa galega, con características avanzadas para a súa época López García, Xesús (ed.) (2004): O xornal «Galicia» (1922-1926). O alento da modernidade, Vigo: Consello da Cultura Galega/Promocións Culturais Galegas, p. 7, cunha orientación ideolóxica plural comprometido cos intereses galegosVíctor F. Freixanes (1982): Unha ducia de galegos, Vigo: Ed. Galaxia, 2a ed, p. 46 (entrevista a Valentín Paz Andrade), logrando converterse no terceiro xornal de Galicia cunha tiraxe de 12 000 exemplares Rosa Aneiros Díaz e Xosé López García "Unha nova maneira de concibir o xornalismo: O Galicia, Diario De Vigo (1922-1926)" en Rosa Aneiros e Xosé López (2007) Comunicación e cultura en Galicia e Portugal. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, p. 294.

Algunhas das características novedosas que o xornal Galicia incorporou para a prensa galega foron o editorial fixo (baixo a rúbrica "Los hechos y los días"), a caricatura diaria e contar cun importante cadro de persoal fixo de colaboradores.

Os domingos publicaba un suplemento literario co título de Letras e Artes, no que colaboraron boa parte da intelectualidade galega da época.

Enfrontamento coa ditadura de Primo de Rivera miniatura|Valentín Paz-Andrade e Roberto Blanco Torres na cadea visitados por Carlos Maside en 1924. O 13 de setembro de 1923, tras un golpe de estado, iniciouse a ditadura do Xeneral Primo de Rivera. O día 14 o editorial de Galicia remataba con estas verbas:

O novo réxime político impuxo a censura previa.

O gobernador militar de Pontevedra, Ángel Rodríguez del Barrio, publicou un artigo no xornal El Pueblo Gallego combatendo un proxecto que demandaba un ferrocarril de Vigo á fronteira francesa, defendendo que era preferible mellorar as comunicacións con Madrid. O artigo foi contestado por un editorial no Galicia, Valetín Paz-Andrade multado e enviado á cadea por quince días. Os traballadores de artes gráficas de Vigo fixeron unha folga de solidariedade por un día no que ningún xornal saíu a rúa.

A finais de 1925 o Goberno Civil de Pontevedra decretou a suspensión indefinida de Galicia. Pola intercesión de Xosé Palacios Ramilo e Xosé Bermúdez Lapuente, conde de Castelo, fronte o Ministro da Gobernación, xeneral Severiano Martínez Anido, a orde de suspensión foi revocada.

Peche Cádiz Vargas abandonou a empresa editora, o xornal continuaba a ser perseguido pola ditadura, atopábase descapitalizado e tivo conflitos cos traballadores de artes gráficas. Nesa situación, por causas principalmente económicas desapareceu o 15 de setembro de 1926.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Exposición A Galicia do Galicia (1922-1926), Fundación Barrié.

Categoría:1922 en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Valentín Paz-Andrade Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos