Santo Estevo de Sismundi é unha parroquia do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 119 habitantes (65 mulleres e 54 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Xeografía Sismundi está situada á beira da ría nas vertentes da Miranda de onde baixan os regatos Chancela e Muíños que atravesan esta parroquia. Limita ao norte coa parroquia da Pedra dende o regato Richoz na enseada da Caleira até a Fonte da Miranda e a Pena do Fraile. Polo leste linda coa Ría de Ortigueira dende o anterior regato até a Pena da Corveira. Polo sur linda coa parroquia de Landoi dende a anterior pena o límite vai cara ao oeste pola Croa do Sisto, no chao de Liñares, e polo oeste o linde tamén é coa parroquia de Landoi separada polo camiño que vai dende o Chao de Liñares até a Pena do Fraile da Miranda.
A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia pola Cruz do Meixón. Desta mesma estrada, no lugar de Soutochao, parte un ramal que remata na ría cunha pequena rampla embarcadoiro.
Patrimonio A igrexa parroquial, na honra de Santo Estevo, está erguida no lugar da Garita. Ten unha soa planta e un pequeno altar lateral gótico. Unida á igrexa hai unha pequena capela coa seguinte inscrición:
Dende o embarcadoiro dos Muíños saían hai tempo as lanchas de pasaxe cara a outro embarcadoiro que hai mesmo en fronte, na Punta de Cabalar, no concello de Ortigueira. Desta actividade de pasaxe viña o antigo nome da parroquia, San Esteban de la Pasaje. Tamén se levaban a cabo aquí traballos de reparación nos barcos de pesca a mediados de 1900 de cando a frenética actividade pesqueira na comarca.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Sismundi
Parroquias de Cariño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cariño
Categoría:Parroquias de Cariño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo