Ecos del Distrito foi un semanario publicado en Redondela en 1921.
Historia e características Subtitulado Periódico independiente defensor de intereses generales, apareceu o 3 de abril de 1921. Continuador de Pimienta y Mostaza, estaba tamén dirixido por Fernando González Gómez. Saía á rúa os domingos. Entre os seus colaboradores figurou Buenhijo Pérez Sobrino. O periódico foi sufragado en parte polo deputado polo distrito de Redondela José Barreras Massó. Seguía publicándose en outubro de 1922.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Redondela
Categoría:1921 en Galicia