Angelica, as anxélicas, é un xénero con 287Especies de Angelica en PPP-index especies de plantas fanerógamas pertencente á familia Apiaceae. Comporta 287 especies descritas e destas, só 116 son aceptadas. en PlantList
Descrición Son herbas perennes, rexas a magras, ergueitas, caulescentes, ramificadas, glabras a tomentosas, con rexas raíces axonomorfas. Follas pecioladas, membranáceas a subcoriáceas, pinnadas ou pinnado-ternadas, compostas, xeralmente con folíolos largos, dentados ou lobados ou, menos comunmente, disecados; pecíolos envaiñadores, as vaíñas caulinares frecuentemente inchadas e sen lamelas. Inflorescencia de umbelas compostas, laxas; pedúnculos terminais e laterais; involucro ausente ou de poucas brácteas foliáceas (ou raramente de brácteas case tan longas coma os radios); radios moi numerosos a escasos, patente-ascendentes, frecuentemente unidos na base; involucelo de numerosas bractéolas angostas, enteiras ou ausentes; pedicelos delgados, patentes, frecuentemente unidos por unha membrana. Dentes do cáliz miúdos a conspicuos ou ausentes; pétalos ovados a obovados, cun ápice inflexo máis angosto, brancos, rosados ou purpúreos; estilos curtos a magros, o estilopodio xeralmente baixo-cónico. Froitos oblongo-ovados a obovados, conspicuamente aplanados dorsalmente, glabros a tomentosos; carpóforo 2-partido; costelas 5, as dorsais filiformes a asado magra ou suberosamente, as laterais largamente con ás magras ou suberosas; costelas dos 2 mericarpos separadas; vitas escasas a numerosas, adheridas ao pericarpo ou á semente; semente frecuentemente sucada por baixo dos intervalos, a face aplanada ou cóncava.
Distribución Ten unha distribución Circumboreal, dende Alasca e Siberia até o sur de México e o Mediterráneo.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 250–251. 1753. A especie tipo é: Angelica sylvestris L., a anxélica brava.
Etimoloxía Angelica: nome xenérico que deriva do latín para "anxelical", en referencia ás propiedades medicinais da planta, que disque foron reveladas a un monxe por un anxo que lle dixo que era unha cura para unha praga.En Nombres Botánicos
Especies As máis comúns que atopamos en Galiza son: Anxélica, Angelica archangelica ou Angelica officinalis Nome común e definición en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999. Anxélica brava, Angelica sylvestris, tamén coñecida coma herba da raña, herba da sarna ou herba dos lazarososNomes vulgares galegos n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009. Anxélica mariña, Angelica pachycarpa, tamén coñecida coma brizo mariñoNomes comúns no blog Nomes de plantas e animais - http://naturezagalega.blogspot.com.es/search?updated-min=2011-01-01T00:00:00%2B01:00&updated-max=2012-01-01T00:00:00%2B01:00&max-results=3.
Angelica aculeolata (Engl.) M.Hiroe Angelica acutiloba (Siebold & Zucc.) Kitag. Angelica adznarica Pimenov Angelica alba W.Young Angelica alpina Krock. ex Steud. Angelica ampla Angelica anomala Avé-Lall. Angelica archangelica L. Angelica arguta Angelica atropurpurea Angelica breweri Angelica californica Angelica callii Angelica canbyi Angelica cartilaginomarginata Angelica dahurica Angelica dawsonii Angelica dentata Angelica decursiva (Miq.) Franch. & Sav. Angelica dilatata A.Nelson ex J.M.Coult. & Rose Angelica genuflexa Angelica gigas Angelica grayi Angelica hendersonii Angelica keiskei Angelica kingii Angelica lineariloba Angelica lucida Angelica pachycarpa Angelica palustris Angelica pancicii Angelica pinnata Angelica palustris Angelica pancicii Angelica pinnata Angelica pubescens Angelica roseana Angelica saxatilis Turcz. Angelica scabrida Angelica sinensis Angelica sylvestris L. Angelica tenuifolia (Pall. ex Spreng.) Pimenov Angelica tomentosa Angelica triquinata Angelica ubatakensis Angelica venenosa Angelica wolffiana Fedde ex H.Wolff Angelica wheeleri
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas