Dositeo Jesús María Pérez Sobrino, nado en Redondela en 1877 finado no mesmo concello en 1954, foi un impresor galego.
Traxectoria Fillo de Pedro Pérez Fernández. Xunto ao seu irmán Buenhijo Pérez Sobrino fundou a primeira imprenta de Redondela a finais do século XIX. Na súa imprenta editouse La Idea, Redondela, La Cigarra, Tramancazos e El Soplete. Foi correspondente de Faro de Vigo en Redondela. Finou en Redondela en 1954.El Pueblo Gallego, 8-11-1956, p. 6.
Vida persoal Casou con Manuela Sousa Lamas en 1902 e foi pai de Laureana, Erundina e Amador Pérez Sousa.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1954