Jessica Phyllis Lange, nada en Cloquet, Minnesota o 20 de abril de 1949, é unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.

Traxectoria Estudou arte e fotografía na University of Minnesota, onde coñecería ao seu marido, o fotógrafo español Paco Grande. Tras casar dedicáronse a viaxar polos Estados Unidos e Europa para finalmente instalarse en París. Alí traballou coma modelo, e foi así como a descubriu o produtor Dino De Laurentiis, que a contratou para o seu primeiro papel en King Kong.

O filme foi un éxito de público, pero non de crítica, e Lange non volvería actuar no cine ata tres anos despois en Empeza o espectáculo.

O seu primeiro grande éxito interpretativo obtívoo con The Postman Always Rings Twice, ao que seguiría Frances, co que lograría a súa primeira candidatura ao oscar á mellor actriz. Nesa mesma edición conseguiu o oscar á mellor actriz secundaria por Tootsie.

Durante os anos oitenta e noventa seguiu actuando en filmes, con descansos para dedicarse aos seus fillos (ten un fillo con Mikhail Baryshnikov e outros dous con Sam Shepard). Tamén participou en obras teatrais e en proxectos televisivos.

En 1994 gañou o seu segundo oscar con Blue Sky, filme póstumo do director Tony Richardson.

En 2011 participou na serie American Horror Story, que lle valeu novos premios de interpretación.

Nos últimos anos tamén fixo exposicións fotográficas.

Filmografía Ano Filme 1976 King Kong 1979 Empeza o espectáculo 1980How to Beat the High Co$t of Living 1981 The Postman Always Rings Twice 1982 Tootsie Frances 1984 Country 1985 Sweet Dreams 1986 Crimes of the Heart 1988 Far North Everybody's All-American 1989 A caixa de música 1990 Men Don't Leave 1991 Cape Fear 1992 Night and the City 1994 Blue Sky 1995 Losing Isaiah Rob Roy 1997 A Thousand Acres 1998 Hush Cousin Bette 1999 Titus 2001 Prozac Nation 2003 Masked and Anonymous Big Fish 2005 Broken Flowers Don't Come Knocking Neverwas 2006 Bonneville 2012 The Vow

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1949 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia finesa Categoría:Óscar á mellor actriz