Dmitrii Iosifovich Ivanovskii (en ruso: Дмитрий Иосифович Ивановский), nado en Nizi, Gobernación de San Petersburgo, o 28 de outubro de 1864 e finado o 20 de xuño de 1920 en Rostov do Don, foi un botánico ruso, o primeiro científico en descubrir os virus en 1892 e un dos fundadores da viroloxía.
Traxectoria Ivanovskii estudou na Universidade de San Petersburgo. En 1887, investigou unha enfermidade que afectaba o tabaco, á que se referiu como wildfire. Tres anos máis tarde, observou outra enfermidade das plantas do tabaco e descubriu que as dúas enfermidades foran causadas por un axente infinitamente minúsculo capaz de impregnar os filtros da porcelana, cousa que as bacterias nunca poderían facer.
En 1898, o microbiólogo holandés Martinus Beijerinck replicou independentemente os experimentos de Ivanovskii e convenceuse de que a solución filtrada tiña unha nova forma de axente contaxioso ó que chamou virus. Beijerinck posteriormente recoñeceu en Ivanovskii prioridade do descubrimento.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Virus Virus do mosaico do tabaco
Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Botánicos de Rusia Categoría:Nados no óblast de Pskov Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo