O Gran Premio do Brasil de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 26 de xaneiro de 1954 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de .

Foi o cuarto Gran Premio do Brasil desde a súa presentación en 1972. A carreira foi gañada polo piloto de San Paulo Carlos Pace aos mandos dun Brabham BT44B. Sería a única vitoria da curta carreira de Pace, que morrería nun accidente de aviación dous anos máis tarde. O circuíto ten agora o seu nome. Outro brasileiro Emerson Fittipaldi terminou segundo no seu McLaren M23 e o seu compañeiro de equipo, o alemán Jochen Mass terminou terceiro.

Resumo da carreira

Jean-Pierre Jarier fixo novamente a pole position, logo de bater a marca da pole de 1973, clasificándose por diante do heroe local Emerson Fittipaldi. A carreira atrasouse, debido que a pista foi regada para eliminar os residuos, e evitar as picadas que desempeñaran un papel crucial na carreira de 1974 e ninguén quería unha repetición destes problemas.

Esta carreira marcou a última saída (e chegada) da longa carreira de Graham Hill na F1.

Os pilotos brasileiros terminaron 1º e 2º nesta carreira, con Carlos Pace gañando a única carreira da súa carreira e Emerson Fittipaldi terminando segundo. Esta fazaña repetiuse en 1986 con Nelson Piquet e Ayrton Senna.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Carlos Pace Brabham-Ford 40 1:44:41.17 6 9 2 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 40 + 5.79 2 6 3 2 Jochen Mass McLaren-Ford 40 + 26.66 10 4 4 11 Clay Regazzoni Ferrari 40 + 43.28 5 3 5 12 Niki Lauda Ferrari 40 + 1:01.88 4 2 6 24 James Hunt Hesketh-Ford 40 + 1:05.12 7 1 7 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 40 + 1:06.81 18 8 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 40 + 1:39.62 3 9 6 Jacky Ickx Lotus-Ford 40 + 1:51.84 12 10 18 John Watson Surtees-Ford 40 + 2:29.60 13 11 21 Jacques Laffite Williams-Ford 39 + 1 volta 11 12 22 Graham Hill Lola-Ford 39 + 1 volta 20 13 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 39 + 1 volta 21 14 23 Rolf Stommelen Lola-Ford 39 + 1 volta 23 15 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 38 + 2 voltas 16 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 32 Sistema combustible 1 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 31 Suspensión 9 Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 31 Accidente 14 Ret 20 Arturo Merzario Williams-Ford 24 Sistema combustible 11 Ret 28 Mark Donohue Penske-Ford 22 Dirección 15 Ret 14 Mike Wilds BRM 22 Eléctrico 22 Ret 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 18 Fuga aceite 8 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 1 Motor 17

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Emerson Fittipaldi 15 2 Carlos Pace 9 3 James Hunt 7 4 Clay Regazzoni 6 5 Carlos Reutemann 4

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 15 2 Brabham-Ford 13 3 Hesketh-Ford 7 4 Ferrari 6 5 Tyrrell-Ford 2

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1975 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1