Arthur Hiller Penn, nado en Filadelfia, Pensilvania o 27 de setembro de 1922 e finado en Nova York o 28 de setembro de 2010, foi un director e produtor de cinema, teatro e televisión estadounidense.
Traxectoria Entrou no exército aos dezanove anos, e aí foi onde comezou a interesarse polo teatro, organizando espectáculos para os soldados. Tras ver Cidadán Kane, de Orson Welles sentiuse atraído polo cinema.
Cando xa tiña sona como director en televisión dirixiu o seu primeiro filme, O pistoleiro zurdo, en 1958.
A súa carreira continuou con éxito durante os anos sesenta e setenta. Cando este comezou a declinar pasou a producir televisión, coma a serie Law & Order.
Era o irmán máis novo do fotógrafo de moda Irving Penn.
Obra 1958 - O pistoleiro zurdo 1962 - O milagre de Anna Sullivan 1965 - Acosado 1966 - A manda humana 1967 - Bonnie e Clyde 1968 - Flesh and Blood 1969 - O restaurante de Alicia 1970 - Pequeno gran home 1975 - Móvese a noite 1976 - The Missouri Breaks 1981 - Four Friends 1985 - Target 1987 - Morte en inverno 1989 - Penn & Teller Get Killed 1993 - The Portrait (telefilme) 1996 - Inside (telefilme)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América