Victor Lonzo Fleming, nado en La Cañada Flintridge (California) o 23 de febreiro de 1889 e finado en Cottonwood (Arizona) o 6 de xaneiro de 1949 foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria Participou como fotógrafo na primeira guerra mundial e foi fotógrafo do presidente Woodrow Wilson en Versalles. Tras coñecer ao director Allan Dwan comezou a traballar como director de fotografía para este e para D. W. Griffith, dirixindo a súa primeira película en 1919.
En 1932 foi contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer, dirixindo gran cantidade de filmes. O mellor momento da súa carreira foi 1939, cando dirixiu The Wizard of Oz e Foise co vento, coa que gañou o oscar ao mellor director.
Obra En trinta anos de carreira, Fleming dirixiu unha gran cantidade de películas, moitas delas na etapa muda do cinema. 1932 - Red Dust 1933 - Bombshell 1934 - Treasure Island 1935 - Reckless 1937 - Captains Courageous 1939 - The Wizard of Oz 1939 - Foise co vento 1941 - Dr. Jekyll and Mr. Hyde 1942 - Tortilla Flat 1948 - Joan of Arc
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado dos Ánxeles Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Óscar ó mellor director