Severino Iglesias Siso, nado en Lousame e finado en Noia o 14 de novembro de 1977, foi un político galego.
Traxectoria Afiliado a Izquierda Republicana, foi elixido compromisario para a elección do Presidente da República en abril de 1936. Cando nomearon a Germán Vidal Barreiro, o alcalde de Noia, gobernador civil de Cidade Real, Severino Iglesias foi nomeado concelleiro e elixido alcalde a finais de xuño de 1936.La Voz de Galicia, 27-6-1936, p. 8.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu dende Muros cara a Bilbao o 26 de xullo nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Foi xulgado en Compostela por rebelión, sendo declarado en rebeldía. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.El Pueblo Gallego, 30-1-1937, p. 8. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939.BOP A Coruña, 19-12-1939, p. 1. Dende Bilbao marchou a Barcelona, onde colaborou, como secretario administrativo, coa agrupación Solidaridade Galega Antifeixista.
De alí foi a Francia cun pasaporte especial para dirixirse a París, onde continuou a axuda solidaria aos galegos. Dende a sede do Servizo de Evacuación de Refuxiados Españois (SERE) en París axudou entre outros a Miguel Vázquez Valiño que estaba no campo de concentración de Bram (Aude). Exiliouse na Arxentina. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Manuel García Gerpe e Luciano Vidán Freiría. Retornou a Galicia en 1962.
Vida persoal Casou con Delfina Pérez García, que finou en decembro de 1970.El Pueblo Gallego, 24-12-1970, p. 2.
Notas
Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Lousame Categoría:Finados en 1977