Salgadura (en ) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luís Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constenla. Foi rodada no Grove.
Sinopse Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.
Personaxes Joan Carrera como Joan Roig Luis Zahera Luís Iglesia Ricardo de Barreiro María Castro Belén Constenla
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2013Mellor guiónMiguel Anxo Murado e Carmen AbarcaNomeadosMellor dirección de produciónCarlos AmoedoNomeadoMellor dirección artísticaMarta Villar GañadoraMellor música orixinalXavier FontNomeadoMellor sonDavid Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño GañadoresMellor fotografíaMarta VillarNomeadaMellor deseño de vestiarioMaría Gil e Sonia Segura GañadoresMellor filme de televisiónContinental Producciones, Dream Team Concept, TVG e TV3Nomeados
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mar libre, miniserie de 2010 Ligazóns externas Entrevista a Ricardo de Barreiro na Revista Fotos da rodaxe no Faro de Vigo
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego