A andoa dos piñeirosNome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 (Boletus pinophilus Pilat & Dermek), é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Aparece nalgúns locais de Galiza.

Descrición O cogomelo deste fungo posúe un chapeu de entre 6 e 30 centímetros de diámetro, con cutícula de cor marrón avermellada. Tubos case ceibos, de cor branca, despois amarelos e finalmente amarelos oliva. Pé de cor marrón clara, moi groso, que pode superar o diámetro do chapeu.

Hábitat e época Aparece na primavera e no verán con choivas, e principalmente polo outono. Adoitan medrar so piñeirais vellos de piñeiros rubios (Pinus sylvestris), aínda que tamén poden facelo en faiais.

Comestibilidade Excelente coma comestíbel, sendo un cogomelo moi apreciado en gastronomía. Ollo!!: A determinación dun cogomelo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou os centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Cómpre evitar o consumo de cogomelos apañados no monte, xa que podería pór en risco a saúde de vostede e dos seus convidados.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Boletus (xénero) Bibliografía Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.

Ligazóns externas Asociación Micolóxica El Royo. https://web.archive.org/web/20130928080812/http://www.amanitacesarea.com/boletus-pinicola.html

Categoría:Boletus Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles