Xosé Álvarez Castro, nado en Pontevedra en 1953, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e Mestrado en Educación ambiental, deu clases de Historia en Sanxenxo ata xubilarse. O seu labor como historiador centrouse na época da guerra civil española no ámbito local da cidade de Pontevedra.

Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo».

Obra Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (2013). Vigo: Xerais, Crónica. 344 páxs. ISBN 978-84-9914-535-8. Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (2022). Vigo: Xerais, Crónica. 504 páxs. ISBN 978-84-1110-033-5. ePub: ISBN 978-84-1110-083-0.

Obra colectiva Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017). Sermos Galiza. 288 páxs. ISBN 978-8469747261.

Rebeldía galega contra a inxustiza. Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo (2018). Sermos Galiza. 96 páxs. ISBN 978-84-09-00203-0. O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo (2021). Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 9788484574996. Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita (2021). Pontevedra: Teucograf. "O meu achegamento á figura de Castelao", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Recoñecementos Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda en 2011. Concello de Sanxenxo: Cebola de Ouro 2025 no marco de Santa Rosalía. IV Salvoconduto de Honra do Colectivo Capitán Gosende (Cerdedo, 2025).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas http://anosdomedo.blogspot.com. Os anos do medo, blog de divulgación das súas pescudas históricas.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia