San Justo (San Xustu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.San Justo na páxina web da Deputación de Zamora
Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. No seu termo municipal encóntranse as localidades de Barrio de Rábano (Barriu de Rábanu en leonés), Coso (Cousu), Rábano de Sanabria (Rábanu de Senabria), San Ciprián, Rozas (Es Rozes) e San Justo.
A construción máis emblemática, non só desta localidade, senón da zona, é o Santuario da Virxe de La Alcobilla, situado nunha paraxe rodeada de máis de 200 castiñeiros centenarios e que segundo os documentos a sitúan entre os 900 e os 1.200 anos de antigüidade. En canto á poboación á que pertence a ermida: hai quen di que se encontra dentro do termo de Rábano de Sanabria e hai quen lla atribúe a San Justo.
Demografía
Carácter da súa xente As retesías continuadas cos veciños da aldea de Rábano de Sanabria levaron á bondade manifesta dos habitantes de San Justo, cedéndolles as chaves do Santuario da Alcobilla para que os enfrontamentos non chegasen a máis.
Lingua leonesa San Justo é un dos concellos onde mellor se conserva a lingua leonesa no seu dialecto senabrés ou pachuecu, especialmente na localidade de San Ciprián, cuxo dialecto asturleonés ten sido estudado por moitos lingüistas e filólogos renomeados como F. Krüger e onde aínda conserva certa vitalidade. miniatura|Pendón de San Justo.
Festas Mediados de xuño: Corpus Christi 9 e 10 de agosto: Santos Xusto e Pastor. 15 de agosto: A nosa Señora da Asunción 8 de setembro: Romaxe de Nosa Señora da Alcobilla no Santuario da Virxe de La Alcobilla, na que tamén participan os veciños das aldeas lindeiras.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Seabra Lenda do Lago de Seabra
Categoría:Concellos da provincia de Zamora