O Santuario da Virxe de La Alcobilla é unha ermida do século XVI situada no concello de San Justo, na comarca zamorana de Sanabria. Na zona consérvase numerosos exemplares de castiñeiros centenarios e mesmo milenarios"Los Castaños de Nuestra Señora de la Alcobilla", post no blog Desde Sanabria, agosto de 2009 ..

Romaría Do 30 de agosto ao 7 de setembro (nove días antes do 8 de setembro) celébrase unha novena con misas polos irmáns confrades falecidos no ano. Nesta romaría participan veciños das vilas e aldeas da zona coma San Justo, Barrio de Rábano e Rábano de Sanabria e demais devotos de toda Seabra.

O día 8 de setembro, a virxe da Asunción de San Justo, a virxe Peregrina de Barrio de Rábano e a virxe do Rosario de Rábano de Sanabria soben en procesión precedidas polo pendón do súa respectiva vila ou aldea (estandartes) ata a ermida, e antes de entrar, os pendóns reverencian ás Virxes de cada lugar. O día 9, as Virxes volven ás súas respectivas parroquias e lugares non sen antes repetir a misa e as venias dos pendóns e despedirse ata o próximo ano.

O nome de "Alcobilla" crese que é unha dexeneración da palabra de orixe asturleonesa "escubilla", que á súa vez deriva do nome dunha planta chamada en leonés e en castelán escoba (xesta en galego), dado que nos arredores da ermida hai moitas xestas (arbusto de flor branca ou amarela), baixo a cal, segundo a lenda, un pastor atopou a talla da Virxe. Posiblemente a ermida edificouse sobre un santuario xa anterior.

Notas

Véxase tamén Seabra

Categoría:Igrexas da provincia de Zamora Categoría:Igrexas católicas de España Alcobilla