O topónimo Angueira podería ter a súa orixe no persa a través do grego ángaro e do latín angarius, referido a "requirir para unha prestación de transporte". Pode referirse a dous lugares próximos á vía portuguesa do Camiño de Santiago, onde quizais se remudasen as bestas antes de chegar a Santiago de Compostela:Méndez Ferrín, X. L.: Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Ed. Xerais, 2007. Páx. 283. ISBN 978-84-9782-642-6.
En Galiza Angueira de Suso, lugar da parroquia de Cruces, no concello de Padrón; Angueira de Castro, lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois.
Fóra de Galiza
En Portugal Angueira, freguesía do concello de Vimioso.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Fortunato Cruces Angueira, escritor e xornalista galego (1870 - 1961); Germán Arciniegas Angueira, escritor colombiano 1900 - 1999); Anxo Angueira, escritor galego (n. 1961); Luís Álvarez Angueira, político galego (n. 1961); Antonio Fernández Angueira, avogado e político galego (n. 1975).
Notas
Véxase tamén Outros artigos