Un apóstrofo (’) é un signo ortográfico auxiliar, ás veces utilizado tamén como signo diacrítico. Consiste nunha coma ou comiña situada na parte superior do texto que sinala xeralmente a elisión dunha vogal.

Usos no galego Para representar contraccións non normativas de carácter popular ou dialectal:

N'é [= non é] verdade

X'o [= xa o] dixera

De modo optativo para manter íntegro o título dunha obra ou publicación que comeza con artigo cando se lle une a preposición "de" ou "en":

“A publicación dos Eoas” / “A publicación d’Os Eoas”

“Unha nova na Nosa Terra” / “Unha nova n'A Nosa Terra”

Uso como diacrítico Algunhas linguas empregan o apóstrofo como sinal diacrítico con distintos usos: O apóstrofo é empregado para indicar unha consoante oclusiva glotal en linguas o guaraní,, o chamorro, o tetum e o carelio. No võro, indica palatalización. No suahili, no luo e no luganda indica a diferenza entre ng’, que se pronuncia /ŋ/ e ng, que se pronuncia /ŋg/. No luganda emprégase ng’ cando non se pode escribir a letra ŋ. No bretón sinala a diferenza entre c'h, que se pronuncia /x/ e ch, que se pronuncia /ʃ/. No uzbeko emprégase para modificar o son do o e do g e para indicar unha oclusiva glotal. No italiano substitúe o acento grave ou o acento agudo: “perche’” en vez de “perché”. No inglés úsase o apóstrofo para abreviar, por exemplo: "What's your name?" en lugar de "What is your name?"

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos ʻOkina Saltillo

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos