Dicksonia é un xénero de fento arbóreo pertencente á orde Cyatheales. É considerado un parente próximo do xénero Cyathea, pero máis primitivo, datando as súas orixes aos períodos Xurásico e Cretáceo. O rexistro fósil inclúe caules, pínnulas e esporas.
O xénero contén 20-25 especies (dependendo do autor), e distribúese dende México ao Uruguai, Chile, Santa Helena, Nova Zelandia, Australia, Indonesia, Nova Guinea e Filipinas. É en Nova Guinea que atinxe maior diversidade con 5 especies coñecidas.
A especie máis cultivada de Dicksonia é a Dicksonia antarctica.
O xénero foi descrito por vez primeira en 1789 por Charles Louis L'Héritier de Brutelle. O nome homenaxea a Jame Dickson, un prominente enfermeiro e botánico.
Segundo o IBAMA, a Dicksonia sellowiana, chamada xaxín (xaxim ou samambaiaçu en portugués) está na lista das especies ameazadas de extinción en varios lugares do Brasil.
Especies Dicksonia antarctica - Australia. Dicksonia arborescens - St. Helena Dicksonia archboldii - Nova Guinea Dicksonia baudouini - Nova Caledonia Dicksonia berteriana - Arquipélago Juan Fernández Dicksonia blumei - Indonesia, Filipinas Dicksonia brackenridgei - Fiji, Samoa Dicksonia externa - Arquipélago Juan Fernández Dicksonia fibrosa - Nova Zelandia Dicksonia grandis - Nova Guinea Dicksonia herbertii - Nordés de Queensland, Australia Dicksonia hieronymi - Nova Guinea Dicksonia lanata - Nova Zelandia Dicksonia lanigera - Nova Guinea Dicksonia mollis - Indonesia Dicksonia sciurus - Nova Guina Dicksonia sellowiana - Xaxín ou samambaiaçu. Do Sur de México, por América Central até Bolivia no norte de América do Sur; Uruguai e Mata Atlántica no Brasil. Dicksonia squarrosa - Nova Zelandia Dicksonia steubelii - Norte do Peru Dicksonia thyrsopteroides - Nova Caledonia Dicksonia youngiae - Australia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Braggins, John E. e Large, Mark F. Tree Ferns. Timber Press, Inc. (2004). Lobin, Wolfram. List of the American Dicksonia Species. Scientific Authority of Germany, Bonn 2001.
Ligazóns externas
Comunidade: Coidados e propagación de fentos arbóreos (en alemán/inglés) Flora Encyclopedia