O Gorbeia é o cumio máis elevado do macizo montañoso homónimo, situado nos Montes Vascos, de a cabalo entre as provincias de Áraba e Biscaia, no País Vasco. Ten unha altitude de 1.482 metros e o seu cumio está coroado dende o ano 1899 por unha cruz metálica, da que ten habido diferentes versións. A cruz actual ten 17,23 metros de altura. O Gorbeia tamén é un dos principais puntos de referencia do montañismo vasco e forma parte do Parque Natural do Gorbeia.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas O monte Gorbeia na páxina de euskal-herria.org O monte Gorbeia na páxina de mendikat.net
Categoría:Montañas do País Vasco