A lombardaNome vulgar galego no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 (no DRAG posiblemente aparece o texto cortado, que se amosa ó recargar a páxina) ou col lombarda (Brassica oleracea var. capitata f. rubra) é unha coia semellante a un repolo roibo de follas rubias violáceo característico. Esta cor débese á presenza dun pigmento chamado antocianina. A forza desta cor pode depender en gran medida da acidez (pH) do solo, as follas medran máis arroibadas en solo de medio acedo, mentres que nos alcalinos son máis azuis.

Usos thumb|left|Lombarda pola metade|200x200px É propio das cociñas das zonas frías de Europa, normalmente cocida con patacas. En Alemaña e Suecia adóitase cocer con compota de mazá e un chisco de vinagre con sabor suave. Pode atoparse tamén en ensaladas así como na elaboración do mollo Coleslaw. É un prato típico do Nadal en Madrid. Era costume cociñala pola Noiteboa, un chisco antes de ir á misa do Galo e comela coma gornición de peixes (preferentemente ollomol)e adubado con allo, cebola, aceite, mazá, touciño, azucre, sal e pementa).

En Galiza non é un repolo moi tradicional. Porén Juan Cuveiro Piñol en 1876Diccionario Gallego, Barcelona e Eladio Rodríguez(1958-1961)Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo xa falaban dela, dicindo que das súas follas se preparaba un xarope empregado contra as catarreiras crónicas ademais do Sauerkraut, especie de preparación culinaria obtida por fermentación, de propiedades antiescorbúticas.

Indicador do pH thumb|Cores do zume de lombarda: Á esquerda, solucións acedas; á dereita, alcalinas. A lombarda emprégase coma indicador do pH natural. Férvese o zume, que como xa dixemos contén antocianina, e emprégase coma indicador dos niveis de hidróxeno iónico (pH) nas solucións acuosas.Michaelis, Leonor; M. P. Schubert, C. V. Smythe (1 de decembro de 1936). "Potentiometric Study of the Flavins". J. Biol. Chem. 116 (2): 587–607. http://www.jbc.org/cgi/reprint/116/2/587 . Retrieved 2008-04-25. Este pigmento atópase tamén noutras plantas, coma nas petunias. {| class="prettytable" |--class="color6" !pH !!Cor |- | 2 || Vermello |- | 4 || Lila |- | 6 || Violeta azulino |- | 8 || Azul |- | 10 || Augamariña |- | 12 || Verde amarelado (chartreuse)

Composición química da lombarda thumb|Lombarda con mazá. Auga 91% Glícidos 5% (fibra 1%) Proteínas 2, 6% Lípidos 0,2% Potasio 210 mg/100 g Sodio 28 mg/100 g Fósforo 23 mg/100 g Calcio 42 mg/100 g Ferro 5 mg/100 g Vitamina C 46 mg/100 g Vitamina A 6 mg/100 g Baixa en calorías. Rica en compostos de xofre, vitamina C e ácido cítrico. Aporta moita fibra o que lle confire propiedades laxantes. É unha fonte importante de antioxidantes.

Cultivo da lombarda Esixencias e cultivo como as do repolo.

Pragas e enfermidades - Helicoverpa armigera Cadela da verdura, eiruga da coiaNome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. - Pulgóns. - Vermes cinsentos - Gurgullo das coles. - Hernia da col. - Brevicoryne brassicae pulgón da verzaVocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991. - Pieris brassicae bolboreta da col, bolboreta da verza. - Pieris rapae bolboreta pequena da col.

Conservación A conservación axeitada para manter en perfecto estado a lombarda por dúas ou tres semanas é na gabeta das verduras da neveira envoltas nunha saqueta de plástico furada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Col de Savoia Repolo Col Brassica oleracea (especie) Brassica (xénero) Ligazóns externas Receitas de lombarda (inglés) Como facer un indicador de pH co zume de lombarda (en inglés)

Categoría:Brassica Categoría:Hortalizas