Stenella é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que reúne cinco especies que se encontran en mares temperados e tropicais de todo o mundo.

Son dos golfiños oceánicos máis coñecidos e máis difundidos, xunto coa especie Tursiops truncatus, en particular porque adoitan nadar axilmente diante da proa das embarcacións.

Taxonomía O nome deste xénero foi creado por John Edward Gray en 1866, que o tomou do diminutivo latinizado da palabra do grego antigo στενός stenós, "estreito", en alusión ao bico e a que inicialmente se pensou que era un subxénero do xénero Steno.

O xénero comprende cinco especies:Stenella Gray, 1866 en ITIS. Xénero Stenella Stenella frontalis Stenella clymene Stenella attenuata Stenella longirostris Stenella coeruleoalba

Características As principais características das especies do xénero Stenella son:Carwradine, M. (1995), pp. 180-189. Corpo parecido ao do arroaz, do que se distinguen porque non presenta manchas no corpo, ou ás veces só unhas poucas. Coloración gris, máis ou menos escura, na rexión dorsal, máis clara na ventral que, nalgunhas especies, chega a ser branca ou case branca. Case todas as especies presentan manchas escuras, tanto no dorso como no ventre, cando son adultos. Bico estreito e acabado en punta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Delfínidos

Ligazóns externas Stenella en ADW.

Categoría:Delphinidae