Juan Gil-de Araujo Armada, marqués de Figueiroa, nado en 1900 e finado en Abegondo o 12 de febreiro de 1981Necrolóxica en ABC, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Joaquina Armada Losada e Miguel Gil de Araujo Casares e sobriño de Juan Armada Losada, logo da súa morte en 1932 sucedeuno no Marquesado de Figueiroa. Foi alcalde de Santiago de Compostela do 18 de novembro de 1938 ao 29 de novembro de 1941. Despois foi presidente de Cantigas e Agarimos, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, do Padroado Rosalía de Castro e da Arquiconfraría do Apóstolo Santiago.

Vida persoal Casou con Pilar González de Careaga Fontecha.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Historia de la ciudad de Santiago de Compostela

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega