José Caamaño Caamaño, nado en Negreira cara a 1910 e finado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1970, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela.El Eco de Santiago, 3-8-1931, p. 2. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido até o remate da guerra. Entregouse e foi xulgado na Coruña por rebelión, sendo absolto. Foille incoado un expediente de investigación por deserción polo Consello Supremo de Xustiza Militar de Madrid. Detido a principios de 1945, foi procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo. Finou en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1970.El Pueblo Gallego, 21-4-1970, p. 13.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Negreira
Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes