right|thumb | 250px | Bugatti Type 35C O Bugatti Type 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.

O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.

Type 35 right|thumb | 250px | Bugatti Tipo 37 (esquerda) e 35 (dereita) vehículos no Cité de l'Automobile Museum, Mulhouse O modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.

Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con béstas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.

Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.

Dimensións: Longo: 3680 mm Largo: 1320 mm Distancia entre eixes: 2400 mm Track: 1200 mm Peso: 750 kg

250px|right |miniatura| Bugatti Type 35A Grand Prix Racer 1925

Type 35A <- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquetes de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.

250px|right |miniatura| Bugatti Type 35C Grand Prix Racer 1926

Type 35C O Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.

Type 35T Para 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.

250px|right |miniatura| Bugatti Type 35B Grand Prix Racer 1929

Type 35B <- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.

miniatura|250px|Bugatti Type 37 Grand Prix Racer 1928 miniatura|250px|Bugatti Type 37A Grand Prix Racer 1929 Type 37 <- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.

Type 37A O Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.

Type 39 <- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.

Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).

Actividade deportiva

thumb|left|O Tipo 35 de Meo Costantini no seu debut en Lyon, 1924

O Tipo 35 en todas as súas formas tivo unha gloriosa carreira deportiva, converténdose nun dos coches deportivos máis exitosos de todos os tempos. Non se coñece o número exacto de vitorias, arredor de dúas mil documentadas. O debut non foi feliz, no Gran Premio de Francia de 1924, en Lyon, Bugatti levou o seu grupo de 5 pilotos, entre os mellores da época: Meo Costantini, Jean Chassagne , Ernest Friderich, Leonce Garnier e Pierre de Vizcaya, algúns dos cales xa eran múltiples gañadores co Tipo 13. Pero a mala sorte tocoulle aos Bugatti, de Vizcaya restirouse por un accidente, Costantini abandonou por un fallo na dirección e os outros tres picaronospneumáticos, non se produciu ningún accidente pero foron sétimo, oitavo e undécimo. Pero a partir do Gran Premio de San Sebastián xurdiu a turrada do Tipo 35. Entre as fazañas máis memorables hai que mencionar sen dúbida as 5 vitorias consecutivas na Targa Florio, entre 1925 e 1929, pero tamén o título mundial de Jules Goux en 1926, nun Bugatti Tipo 39A. Tamén houbo traxedias, como a morte de Pietro Bordino. O 15 de abril de 1928 quixo probar un Tipo 35C en Alessandria, antes dunha carreira, pero saíuse da estrada, un can cruzou de súpeto a estrada, e tras o envorco do coche nun torrente o piloto morreu afogado e o copiloto, ferido grave, faleceu pouco despois.

Estas son só algunhas das principais vitorias do Tipo 35: thumb|right|Algunhas pilotos tamén pilotaron o Tipo 35: entre elas Janine Jennky, vitoriosa aquí na Copa de Borgoña de 1928 sobre un Bugatti Type 35C thumb|dereita|Outra famosa piloto de Bugatti foi Eliška Junková thumb|dereita|Piloto William Grover-Williams, "W Williams", gañador do Gran Premio de Francia de 1929 thumb|dereita |Louis Chiron, un dos pilotos máis vencedores do Bugatti Type 35

Principais vitorias e posicións do Tipo 35 e derivados Data Evento Piloto Vehículo Posición25 de setembro 1924Gran Premio de San SebastiánMeo CostantiniTipo 3523 de maio 1925Targa FlorioMeo CostantiniTipo 3516 de setembro 1925Gran Premio de ItaliaMeo CostantiniTipo 39319 de setembro 1925Gran Premio de San SebastiánPierre de VizcayaTipo 35428 de marzo 1926Premio Reale di RomaAymo MaggiTipo 35125 de abril 1926Targa FlorioMeo CostantiniTipo 35T127 de xuño 1926Gran Premio de FranciaJules GouxTipo 39118 de xullo 1926Gran Premio de San SebastiánJules GouxTipo 39A17 de agosto 1926Gran Premio do reino UnidoMalcolm CampbellTipo 39A25 de setembroGran Premio de ItaliaLouis CharavelTipo 39A1Meo CostantiniTipo 39A212 de setembro 1926Gran Premio de MilánMeo CostantiniTipo 35C16 de marzo 1927Gran Premio de TrípoliEmilio MaterassiTipo 35C124 de abril 1927Targa FlorioEmilio MaterassiTipo 35C125 de xullo 1927Gran Premio de San SebastiánEmilio MaterassiTipo 35C125 de setembro 1927Course de côte de GaillonJanine JennkyTipo 35C16 de maio 1928Targa FlorioAlbert DivoTipo 35B116 de maio 1928Gran Premio de BorgoñaJanine JennkyTipo 35C110 de xuño 1928Premio Reale di RomaLouis ChironTipo 35C11 de xullo 1928Gran Premio de FranciaW WilliamsTipo 35C15 de xullo 1928Gran Premio della MarnaLouis ChironTipo 35B125 de xullo 1928Gran Premio de San SebastiánLouis ChironTipo 35C129 de xullo 1928Gran Premio de EspañaLouis ChironTipo 35C19 de setembro 1928Gran Premio de ItaliaLouis ChironTipo 35C1Tazio NuvolariTipo 35C35 de maio 1929Targa FlorioAlbert DivoTipo 35C130 de xuño 1929Gran Premio de FranciaW WilliamsTipo 35B1Caberto ConelliTipo 35C3Albert DivoTipo 35B414 de xullo 1929Gran Premio de AlemañaLouis ChironTipo 35C1Georges PhilippeTipo 35C2Guy BouriatTipo 35C4Mario LeporiTipo 35B525 de xullo 1929Gran Premio de EspañaLouis ChironTipo 35B1Georges PhilippeTipo 35C2Marcel LehouxTipo 35C36 de abril 1930Gran Premio de MónacoRené DreyfusTipo 35B1Louis ChironTipo 35C2Guy BouriatTipo 35C320 de xullo 1930Gran Premio de BélxicaLouis ChironTipo 35C1Guy BouriatTipo 35C2Albert DivoTipo 35C321 de setembro 1930Gran Premio de FranciaPhilippe EtancelinTipo 35C1Juan ZanelliTipo 35B3Stanislas CzaikowskiTipo 35C4Jean de l'EspeeTipo 35C5

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Bugatti

Ligazóns externas Bugatti Club France page

Type 35 Categoría:Coches das 24 horas de Le Mans